O Ferrado Marelo

icono-gris-ferrado-marelo

NÓS

icono-gris-ferrado-marelo
icono-gris-ferrado-marelo

NÓS

icono-gris-ferrado-marelo

“TERRA NON, ABUELO, TERRA NON

PATRICIA, 5 ANOS.

Os meus avós…

Labraban e vivían da terra.
A mesma terra que a min non me gustaba pisar
porque manchaba os zapatos.

Os meus outros avós vivían do mar: da pesca e da conserveira.
O mesmo mar no que tanto me gusta nadar e pescudar entre
as pozas do intermareal.

Terra e mar…

E así, entre a terra e o mar, cheguei ata aquí empuxada
por unha necesidade de cambio. Ao principio asomou
a idea e a búsqueda de inspiración. Pouco a pouco
empecei a darlle forma, a crear. E finalmente chegaría
o momento de florecer con identidade propia.

icono-4-amarelo

DESTE XEITO…

icono-4-amarelo
icono-4-amarelo

DESTE

XEITO

icono-4-amarelo

En decembro de 2021…

Nace O Ferrado Marelo e, case sen decatarme,
foise convertendo nun espazo cheo de vida
e de pluralidade grazas a TI.

Un pequeno comercio

Pero cheo de persoas que cremos que hai outra
forma posible de consumo: apoiando aos proxectos de
proximidade, evitando o consumo innecesario de plásticos
e apostando por produtos saudables para o medio e para as persoas.

icono-gris-ferrado-marelo

O FERRADO MARELO…

icono-gris-ferrado-marelo
icono-gris-ferrado-marelo

O FERRADO MARELO

icono-gris-ferrado-marelo

Medra

Cada vez que compartimos esta forma de vida e
este pensamento que nos une: “o que agarda por tí aí fóra,
neste planeta que nos acolle, depende do que
levas (de) aquí dentro”.

O Ferrado Marelo é…

Un SI rotundo á terra, ao mar, ao ben facer dos nosos
antepasados, a crear comunidade, a vivir lentamente,
a reducir a nosa pegada.

O Ferrado Marelo somos ti e máis eu.

Grazas por formar parte deste NÓS.

Ferramentas de Accesibilidade