Os meus avós labraban e vivían da terra, a mesma terra que a min non me gustaba pisar porque manchaba os zapatos.
Os meus outros avós vivían do mar, da pesca e da conserveira, o mesmo mar no que tanto me gusta nadar e pescudar entre as pozas do intermareal.
Terra e mar
E así, entre a terra e o mar, cheguei ata aquí empuxada por unha necesidade de cambio. Ao principio asomou a idea e a búsqueda de inspiración. Pouco a pouco empecei a darlle forma, a crear. Finalmente chegaría o momento de florecer con identidade propia.
DESTE XEITO
DESTE
XEITO
En decembro de 2021
En decembro de 2021 nace O Ferrado Marelo e, case sen decatarme, foise convertendo nun espazo cheo de vida e de pluralidade grazas a TI.
Un pequeno comercio
Cheo de persoas que cremos que hai outra forma posible de consumo: apoiando aos proxectos de proximidade, evitando o consumo innecesario de plásticos e apostando por produtos saudables para o medio e para as persoas.
O FERRADO MARELO
O FERRADO MARELO
Medra
Cada vez que compartimos esta forma de vida e este pensamento que nos une: “o que agarda por tí aí fóra, neste planeta que nos acolle, depende do que levas (de) aquí dentro”
O Ferrado Marelo é
O Ferrado Marelo é un SI rotundo á terra, ao mar, ao ben facer dos nosos antepasados, a crear comunidade, a vivir lentamente, a reducir a nosa pegada.
O Ferrado Marelo somos ti e máis eu.
Grazas por formar parte deste NÓS.
Ferramentas de Accesibilidade
Usamos cookies para asegurar que che damos a mellor experiencia na nosa páxina web. Se continúas usando este sitio, asumiremos que estás dacordo.AceptarRexeitarPolítica de privacidade